Palas de Rei agradece a colaboración cidadá na campaña de recollida de alimentos “Operación kilo”
Un total de 17 familas con escasos recursos económicos do municipio foron as beneficiadas da primeira fase da Campaña Solidaria de Alimentos denominada Operación kilo posta en marcha pola Área de Servicios Sociais do Concello de Palas de Rei coa colaboración dos membros da Igrexa Parroquial de San Tirso. A entrega dos alimentos, tivo lugar as 12:00h do pasado 22 de decembro, nas aulas do antigo Mercado Gandeiro de Palas de Rei. A selección das familias seguiu os criterios de estricta necesidade económica, establecidos previamente por Servicios Sociais. A donación, dos alimentos non perecedeiros, foi efectuada nos Supermercados da Vila de Palas de Rei durante os últimos meses, rexistrando unha alta colaboración cidadá.
Dende os Servicios Sociais do Concello de Palas de Rei, agradecen a voluntaria colaboración das persoas que participaron na Campaña, doando os alimentos para persoas que se atopan en serias dificultades económicas. A todos, dende Servicios Sociais do Concello de Palas de Rei: ¡Gracias!.











