Outono Cultural en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

As propostas do OUTONO CULTURAL 2014  a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo inclúen:

Venres 12 de decembro

19.00 h – Auditorio de Rianxo
PRESENTACIÓN TEMPO DE ACIVROS, TEMPO DE LIBROS: A GUÍA DE LECTURAS 

A presentación da guía de lectura “Tempo de acivros Tempo de libros”.  Na creación e na presentación colaboran todos os centros escolares de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo. O C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Rianxo, o C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados, o C.E.P. Brea Segade de Taragoña, o I.E.S Félix Muriel de Rianxo, o C.R.A. de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo

20.00 h – Sala de exposicións do Auditorio de Rianxo
APERTURA DA EXPOSICIÓN A ÚNICA DEFENSA QUE PERMITIU A LIBERDADE DE PAOLA GARCÍA PAZ

A única defensa que permitiu a liberdade é o título da exposición dos óleos de Paola García Paz que poderá visitarse no Auditorio de Rianxo do 12 de decembro ao 17 de xaneiro. Como documento anexo o convite.

20.30 h – Auditorio de Rianxo
HOMENAXE Ó ESCRITOR RAMÓN DE VALENZUELA

Un acto de homenaxe ó escritor Ramón de Valenzuela no centenario do seu nacemento. No acto intervirán: Adolfo Muíños, Daniel Pino, Xosé Luís Axeitos, Xosé Luís Méndez Ferrín e Luís Cochón.

Sábado 13 de novembro

12.30 h –  Auditorio de Rianxo
ENTREGA DOS PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2014

Entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2014. Ademais tamén se fará a presentación da saída do número 100 do suplemento cultural A Voz de Barbantia e do Anuario de Estudos do Barbanza 2014.

O acto contará coa asistencia de María Xosé Blanco, vogal da asociación; Manuel Cartea, coordinador do anuario; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña. Como documento anexo envíase o convite do acto.

20.00 h – Auditorio de Rianxo
FESTIVAL NADAL ALEIVOSÍA DA ASOCIACIÓN FOGO FATUO

O Festival de Nadal Aleivosía da Asociación Sociocultural Fogo Fatuo, ademais da participación da agrupación Aleivosía estarán a Asociación O Pedrón de Padrón.

As entradas poderán retirarse media hora antes do comezo do festival

10 de decembro de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.