Ourense acolle un encontro empresarial no que se falará de iniciativas empresariais nas que traballan persoas con discapacidade
A Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cegasal) reúne na Confederación Empresarial de Ourense a medio de centenar de empresarios para falarlles sobre as empresas de economía social formadas por cadros de persoal con discapacidade.
Cegasal é unha entidade que representa a 17 empresas de economía social nas que traballan sobre 800 persoas en toda Galicia, máis do 90% destas con discapacidade, estando situadas na provincia ourensá tres destas empresas asociadas: Celcoauto, Aixiña e Integratex, para as que traballan 71 persoas.
Aproveitando a xuntanza en Ourense, Cegasal reúne a todos os seus integrantes para facer un balanzo das actividades desenvolvidas e facer un balanzo da xestión económica do ano pasado, ademais de adiantar a programación próxima.
Tras o acto de inauguración e a asemblea, as persoas asistentes acudirán ata as instalacións do centro especial de emprego asociado Aixiña, situado na rúa Recaredo Paz, onde terá lugar un xantar-coloquio dirixido polo Presidente de Cegasal, e no que tamén estarán presentes o Presidente de CEO e o Vicepresidente da Deputación de Ourense.











