Oubiña apura a súa recuperación na cámara hiperbárica do CIVI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O centrocampista celeste Borja Oubiña continúa apurando a súa recuperación co tesón e a perseveranza que lle caracterizan e a máis moderna tecnoloxía existente. O céltico está a realizar na actualidade sesións nunha cámara hiperbárica pertencente a CIVI, centro médico situado no Castro, que acelera de xeito notable os tempos de recuperación. CIVI, Centro Hiperbárico de Vigo, dispón da maior cámara hiperbárica privada de España, ademais da resonancia aberta con maior resolución das existentes na cidade olívica.

A mecánica das terapias desta cámara hiperbárica que está a utilizar o medio centro celeste baséase no principio médico que recoñece ao osíxeno como un elemento fundamental para a cicatrización das feridas e fracturas. As lesións traumáticas características do deportista producen danos nos tecidos e inchazo, impedindo o fluxo normal de osíxeno na zona lesionada. Á súa vez, as áreas inchadas producen células que necesitan un alto nivel de osíxeno. Polo tanto, os tecidos que se encontran lesionados demandan unha gran cantidade de osíxeno no momento menos indicado para obtelo.

Unha forma efectiva de aumentar sensiblemente o contido de osíxeno no sangue é disolver grandes cantidades deste no plasma. Co corpo sometido a unha presión atmosférica maior do nivel normal, a cantidade de osíxeno disolto no plasma increméntase ata 23 veces, permitindo que os tecidos danados obteñan a cantidade axeitada e sanden rapidamente.

Ademais, a presión elevada de osíxeno reduce o fluxo sanguíneo nun 20 por cento, diminuíndo a presión sanguínea nos capilares e en consecuencia a inflamación. Igualmente a maior concentración de osíxeno axuda á eliminación do ácido láctico e con iso a fatiga.
A cámara hiperbárica, con 14 prazas, acelera a recuperación en lesións de músculo-esqueleto e propicia unha mellor consolidación destas, sendo usuarios actualmente algunhas mutuas laborais relevantes.

CIVI dispón ademais da resonancia non claustrofóbica de maior resolución de Vigo e ofrece para a súa utilización importantes descontos aos subscritores do Celta. Esta resonancia magnética ten a particularidade de ser aceptada polos pacientes claustrofóbicos e nenos, sen necesidade de sedación. Mesmo para pacientes obesos que non se poden realizar o estudo nas resonancias convencionais. No ámbito deportivo, nalgúns tipos de lesión resulta máis cómoda para o paciente e mesmo para o estudo debido á posibilidade dun mellor posicionamento.

Borja Oubiña na cámara hiperbárica

Borja Oubiña na cámara hiperbárica

26 de decembro de 2014 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.