Os xogadores do Futsal visitan ao CEIP López Ferreiro

Visita dos xogadores ao centro
Os xogadores do Santiago Futsal, Marcos Vara e Galego Rodríguez visitaron esta mañá aos alumnos de 5º de primaria do CEIP López Ferreiros (Santiago de Compostela).
A meta de Benavente e o xogador arxentino compartiron, cun total de 25 alumnos, un bo intre no que contaron experiencias e contestaron as preguntas dos nenos.
Por outra banda, Marcos Vara foi recoñecido este fin de semana na Gala do Deporte de Benavente, terra natal do porteiro do Santiago Futsal, pola súa carreira deportiva e os seus méritos no deporte benaventino. O premio foi recollido polo pai do xogador, xa que o meta atopábase en Peñíscola no encontro que o Santiago Futsal disputou contra os CFS Peñíscola.











