Os xogadores do Celta visitan a planta de pediatría do Hospital Xeral

Visita dos xogadores celestes ao Hospital Xeral
O Real Club Celta e a súa Fundación gozaron unha vez máis dun dos actos máis emotivos para ambas as dúas entidades, xogadores e corpo técnico, a visita aos nenos ingresados na Planta de Pediatría do Hospital Xeral de Vigo. A totalidade do equipo celeste, técnicos e dirixentes acudiron a esta tradicional e entrañable cita do Nadal na que os nenos e nenas ingresados lles regalan sorrisos e ilusión.
Os futbolistas celestes visitaron os pequenos nos seus cuartos, onde asinaron autógrafos e lles entregaron distintos obsequios da Fundación Celta de Vigo, entidade organizadora da visita ao hospital vigués.
Trátase dun evento sempre especial para o club e para os integrantes do primeiro equipo, os que agradecen a oportunidade de levar algo de alegría a uns nenos ingresados nunhas datas moi significativas para eles.











