Os vilagarciáns poden consultar o listado da cobertura da tdt na web

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Diante dos inmediatos cambios na recepción dos canais da TDT, o ministerio de Industria remitiu ao Concello un exhaustivo listado de todos e cada un dos lugares do termo municipal, con indicación dos centros emisores que corresponden a cada un e os canais que se reciben por cada unha das frecuencias. O listado pode ser consultado dende hoxe mesmo no portal municipal, www.vilagarcia.es, no taboleiro de anuncios.

De todos os xeitos, o ministerio dispón de dous teléfonos de atención ao público (954 307 796 e 901 20 10 04) e dunha páxina web (www.televisiondigital.es) dende o que se están atendendo todas a dúbidas dos cidadáns.

Segundo o propio ministerio, o 45% da poboación non se verá afectada polos cambios na redistribución dos canais e frecuencias da TDT. Cando se trata de unha vivenda unifamiliar e dispón de antena propia ou cando é un edificio de pequeno tamaño e dotado de amplificador de banda ancha, non é necesario realizar ningunha adaptación de antena. Pola contra, cando se trata dunha instalación colectiva en edificios medios ou grandes, con centraliña programable ou amplificador monocanal, entón sí é preciso realizar unha adaptación.

15 de decembro de 2014 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.