Os rapaces do Morrazo teñen ata mañá para rematar a gymkhana “Os Caza Palabras”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Os cativos do Morrazo teñen de prazo ata mañá día 31 de decembro para rematar a gymkhana proposta polos comerciantes locais asociados a FECIMO. Unha vez superen as probas que se lles solicitan, todas diferentes e relacionadas coa lingua galega, deberán entregar os seus folletos cos datos persoais en calquera establecemento participante ou depositalo persoalmente na furna o día do sorteo para optar aos premios en xogo.

Estas son as datas e localizacións dos sorteos da Gymkhana “OS CAZA PALABRAS”, elexindo unha zona céntrica e peonil no corazón das principais arterias comerciais das vilas:

-2 de xaneiro en Bueu, Praza do Concello ás 17:00h

-3 de xaneiro en Cangas, Alameda Vella ás 17:00h

-4 de xaneiro en Moaña, Palco da Música ás 17:00h

En caso de mal tempo informaríase da localización alternativa a través da páxina de facebook: Vive O Morrazo

Os sorteos celebraranse en torno a unha gran festa con actividades de animación para todos, participantes ou non, co cal se convida aos nenos e nenas do Morrazo a que acudan a pasar unha tarde de diversión e disfruten do Nadal na rúa.

Lograrase dinamizar a contorna, fomentar o ocio familiar e veciñal nun marco lúdico e festivo enmarcado nestas Festas de Nadal, recuperando o espazo público como punto de encontro e disfrute para clientes e veciñanza.

Contarase cun completo equipo de animadores que se encargarán de levar a cabo as seguintes actividades:

– Obradoiro de Globoflexia

– Obradoiro: “Crea a túa coroa de Reis”

– Obradoiro de Maquillaxe de Nadal

– Obradoiro “Pinta Nadal”

– Zona de xogos

– Disporase de Cartas de Reis para que os nenos escriban os seus desexos.

– Gran espectáculo final con música e baile

Realizarase en directo o sorteo dos premios da GIMKHANA INFANTIL

Todos os mapas debidamente cubertos participarán no sorteo de dous premios en cada vila:

1º PREMIO: Unha Tablet

2º PREMIO: Unha gran Cesta de Nadal Infantil

Dende FECIMO deséxanlle moita sorte a todos os participantes, sabedores de que nestas últimas datas houbo un gran ambiente nas rúas con centos de nenos e nenas facendo o percorrido da gymkhana en familia ou en grupos de amigos.

30 de decembro de 2014 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.