Os premios Lalinenses do ano recoñece a Rocío García Eiras, a Carballeira de Cercio, Working Wheels e a Román Pedreira Vilariño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O xurado dos Premios Lalinenses do ano 2014 decideu recoñecer as tarxectorias no ano que está a piques de rematar da xogadora internacional de rugby, Rocío García Eiras, da Asociación A Carballeira de Cercio e da Asociación cultural “Working Wheels” e a traxectoria vital de Román Pedreira Vilariño. Uns recoñecementos que se entregarán o vindeiro día 27 de decembro, a partir das 20.00 horas, na previa ao concerto de Fin de ano.

O xurado estivo presidido polo alcalde de Lalín, José Crespo, e contou ca presenza do secretario da corporación municipal, César López, e como vocais do xurado actuaron Javier Ferreiro da Escola de Fútbol Lalín; Luis Fernández Vilela, presidente do Clube Rugby Lalín; José Luis Factor, representante de O Mencer; Ángeles Baldonedo, representante de Aspadeza; José Luis Pedreira “Budi”; José Luis Taboada, representante da Banda de Música de Lalín; José Seixo, representante de Clube Deportivo Lalín; Julio López, representante de APALC; o empresario Florentino Cacheda; Antonio Lamas, presidente da AEDEZA; o cronista de Lalín, Daniel González Alén; Amelia Ferreiroa, xornalista de Radio Voz; Raquel Torres, delegada de Diario de Pontevedra; Manuel Nuñez Fiuza, xornalista de Lalín e comarca; Gumer Portas, Director de Radio Lalín; Alfonso Loño, redactor de Faro de Vigo; Isidro Barco, director de Nos TV:  Antonio Troitiño, presidente da Escudería Lalín-Deza e a concelleira María Álvarez.

Por unanimidade, o xurado decideu outorgar o premio Lalinense do ano 2014, na categoría individual á xogadora internacional de rugby Rocío García Eiras que este ano colgou as botas despois de ser 60 veces internacional ca selección española de rugby ca que debutou no ano 2003  e de ter acadado distincións como a de mellor “pilier” do mundo nun dos campeonatos mundiais e de ser unha das mellores xogadoras do mundo neste deporte, de feito en 2006 entrou no quince ideal do torneo celebrado en Canadá.

Neste ano pechou a súa brillante carreira deportiva manténdose ao máximo nivel e sendo membro da selección española que participou na Copa do Mundo celebrada en Francia.

EX AEQUO A CARBALLEIRA DE CERCIO E WORKING WHEELS

O xurado decideu conceder o premio lalinense do ano 2014, no apartado colectivos, e de xeito ex aequo á Asociación A Carballeira de Cercio e ao colectivo cultural e deportivo “Working Wheels” liderado por Álex Ferradás e Alberto Mouriño.

Os membros do xurado decidiron recoñecer a laboura integradora que escomezou a facer este colectivo, a lección de esforzo e superación aportada por Álex e Alberto e o traballo de sensibilización que fan para os colectivos con discapacidades. Un referente no eido social neste ano 2014. Tamén recoñeceu de xeito igual ao colectivo a Carballeira de Cercio que este ano cumple o seu 40 aniversario dinamizando a cultura e o eido social no rural e nas parroquias do entorno de Cercio. O xurado estimou que este ano, e despois de 40 anos de traballo, sigue a ser un referente no rural do Concello de Lalín no fomento do asociacionismo, da unión entre os veciños e da disfusión da cultura e a música galegas.

TODA UNHA VIDA

Por último, na categoría de Toda unha vida, o xurado elixeu distinguir a Román Pedreira Vilariño, persoa moi implicada nos ámbitos sociais, pola súa constante contribución a sociedade en ámbitos como o deportivo, o musical e o social. Pedreira Vilariño foi directivo e presidente do Clube Balonmán Lalín ao longo de moitas tempadas, un dos impulsores da Banda de Muimenta e  memso presidente do Círculo de Recreo, ademáis da súa condición de empresario.

19 de decembro de 2014 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.