publicidade hoxe

Os pequenos de Cambre decorarán a árbore de Nadal do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Máis de medio centenar de nenos, a iniciativa da Escola Infantil A Fraga Encantada, levarán a cabo o vindeiro xoves 11 de decembro ás 18.00 horas á decoración da árbore de Nadal do Concello de Cambre. Os pequenos da Escola Infantil A Fraga Encantada, e todos os pequenos do municipio decorarán a árbore que está situado na porta do Concello tal e como levou a cabo en anos anteriores. Os nenos confeccionarán a súa propia decoración e axudados de Papá Noel encherán a árbore situada na porta do Concello de artigos fabricados por eles mesmos. A diferenza doutros anos á parte de que traian os adornos para a árbore os pequenos traerán algún alimento non perecedoiro para entregar a Papa Noel.

3 de decembro de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.