Os nenos poderán ver o encontro de Copa entre o Celta e o Athletic por só 1 euro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O fútbol regresa a Balaídos en 2015 cun partido especial pola súa transcendencia e a entidade dun rival emblemático nesta competición. E tamén pola data na que chega. O Real Club Celta recibe o Athletic Club no partido de ida dos oitavos de final da Copa do Rei o Día de Reis (17.00 horas). O club quere que os grandes protagonistas desta entrañable data reciban o seu regalo: Os nenos menores de 15 anos poderán acudir ao estadio para presenciar o partido por tan só 1 euro.

Partido atractivo ante un adversario que de xeito tradicional ten a esta competición entre os seus principais obxectivos, non en van gañou a Copa en 24 ocasións e é o segundo equipo de España en número de títulos. Como regalo de Reyes, o club pon á venda entradas por tan só 1 euro para os nenos menores de 15 anos, que poderán gozar por esta cantidade simbólica dun apaixonante encontro de oitavos de final.
As entradas para o público en xeral manteñen os prezos habituais dende a pasada tempada. En categoría adulto son de 25 euros para as bancadas de Marcador e Gol, 35 para Preferencia, 40 para Río Baixo e Río Alto e 50 para Tribuna. Para a categoría sub-25, as entradas oscilan entre os 15 euros de Gol, Marcador e Preferencia e os 25 de Río.

A oficina de subscritores abre de luns venres con horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Permanecerá pechada o día de Nadal e o 1 de xaneiro, mentres que o día de Nochebuena o horario será de 10.00 a 14.00 horas. As entradas ordinarias poden adquirirse tamén a través da plataforma online: www.celtavigo.org/taquillaCelta

23 de decembro de 2014 | 12:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.