publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os nenos do colexio Pedro Caselles reciben o libro dos Bolechas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Entrega do libro dos Bolechas

Entrega do libro dos Bolechas

O alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado polas concelleiras de Cultura Dolores Meitín e Turismo Cristina Iglesias, desprazáronse na mañá de hoxe ao Colexo Pedro Caselles Rollán co fin de facer entrega dun exemplar de OS BOLECHAS VAN A MARIÑA a cada un dos seus nenos/as.

A edición deste libro é un esforzo conxunto de tódolos concellos da Mancomunidade, tendo como principal motivo a promoción da nosa Comarca.

Da edición desta aventura -que como dixemos foi financiada polos concellos da Mancomunidade- cada concello recibiu un número de exemplares. Dado que non chegaban para tódolos nenos, o noso Concello adquireulle máis exemplares á editorial co fin de que ningún neno/a de Xove se quedase sen o seu libro dos Bolechas.

Amáis disto, tamén se deixaron varios exemplares na Biblioteca do Colexio, e por suposto, tamén na Biblioteca Municipal de Xove se poderá disfrutar desta divertida aventura dos Bolechas na Mariña.

10 de decembro de 2014 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.