Os Ingleses vivirán un intenso fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

A competición dos mozos cachorros ingleses avanza e por cuarta vez no que vai de tempada concentrásense as escolas galegas, esta vez en Monteporreiro onde máis de 300 nenos entre 4 e 12 anos seguirán medrando como xogadores e aprendendo os valores máis representativos deste deporte, amizade, sacrificio, solidariedade, respecto… nunhas xornadas onde os resultados son o de menos.

A partir das 11:30 o equipo sub 16 visita á Universidade de Vigo. Até o momento os arosanos teñen un balance de dous triunfos e unha soa derrota e con 10 puntos esta igualdo na primeira posición con CRAT e Universidade de Vigo. Importante partido para os de Poli e Ju no que se poderán ver cales son as posibilidades reais dos sub 16 esta tempada.

Xa pola tarde ás 16:15 horas o equipo senior defenderá a primeira praza da 1ª División Galega contra un dificíl rival. O PRC actualmente ocupa a 5ª posición, moi lonxe na táboa dos arosanos pero é unha posición moi enganosa, 4 derrotas na súa marcadora pero todas por unha estreita marxe. En Vilagarcía no primeiro partido da liga Os Ingleses impuxéronse por un  axustado 32 a 23 e os Pontevedreses dominaron no marcador durante a primeira parte.

A vitoria na última xornada de liga contra os favoritos ao titulo Ferrol pode ser unha arma de dobre fío, o corpo técnico non quere que os xogadores se confíen e son sabedores de que si non se traballa cada minuto de cada partido a senda vitoriosa do equipo pódese truncar.

E é que Os Ingleses alcanza xa as 20 vitorias consecutivas na liga Galega, e neste ano 2014 que esta apunto de terminar só cultivou dúas derrotas, unha no partido de volta da Fase de Ascenso a División de Honra B contra O Salvador e outra nun partido amigable este verán contra o Blusens Universidade de Vigo de División de Honra. Conseguir a vitoria o sábado sería a guinda para un ano espectacular e que vai ser moi difícil de repetir. Xa pola noite e esperamos que coa vitoria debaixo do brazo celebrarase a tradicional cea de Nadal do primeiro equipo.

O domingo continua o rugby e a partir das 11:00 en Fontecarmoa o equipo sub 18 recibe ao CRAT da Coruña. Partido moi complicado o que terá que afrontar un equipo que se renovou por completo este ano e que esta en formación con moitos xogadores novos. Pola súa banda o CRAT preséntase como líder tras gañar todos os seus encontros cunha gran superioridade.

11 de decembro de 2014 | 20:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.