Os colectivos de Coia piden un plan que garanta a conservación do pesqueiro ‘Bernardo Alfageme’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

Os colectivos que integran a Asemblea Aberta de Coia, que se opoñen á instalación do pesqueiro ‘Bernardo Alfageme’ nunha rotonda deste barrio, rexistraron unha solicitude no Concello de Vigo para que se faga pública a “folla de ruta” coas actuacións destinadas a garantir a conservación do barco.

No escrito, dirixido ao departamento de Patrimonio Histórico do Concello, a Asemblea recorda que paralizou as obras de instalación do barco por consideralas “un gasto insultante e inmoral” nun barrio que “está a sufrir con crueza as consecuencias da crise”.

Non obstante, apostilou que, á marxe desa postura, estes colectivos tamén cre que a rotonda, na Avenida de Castelao, “non” é “lugar para emprazar un ben cultura que, mesmo dende o goberno municipal, cualifican como un exemplo de patrimonio industrial da cidade”.

A Asemblea sostén que a instalación nese espazo pode ocasionar unha maior deterioración do barco, debido a causas químicas, microbiolóxicas, etc. Por iso, reclamaron a Patrimonio Histórico que lles remita o documento no que se recollan as actuacións previstas para a conservación deste elemento.

En caso de que non exista tal formulación, pediron que se elabore un “plan de conservación preventiva” para o pesqueiro, no que se detallen os medios técnicos e humanos, e as accións que se levarán a cabo “a curto e medio prazo” para evitar a deterioración do pesqueiro.

29 de decembro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.