Os clubs galegos logran 19 medallas individuais no Campionato de España de Combate Cadete

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Os clubs galegos lograron un total de 19 medallas (catro ouros, sete pratas e oito bronces) no Campionato de España de Clubs Combate da categoría cadete que se celebrou hoxe pola mañá en Pontevedra. Na clasificación de clubs, proclamouse campión de España o Deportivo Olimpo Sedavi (Valencia), mentres que o Mat´s foi prata e o Natural Sport Videlgi logrou a terceira posición. O torneo comezou a primeira hora da mañá, cun magnífico ambiente nas gradas e oito tapices no pavillón para acoller o día de maior participación. Na categoría cadete participaban 367 deportistas. Na categoría masculina, houbo dous ouros para os galegos.

O local Javier González (Mace Sport) en -65 quilogramos acadou a medalla de ouro tras superar na final a Yeray Robledo (Taekwondo Nazaret), mentres que o taekwondista do Natural Sport de Ribeira Adrián Pombo, foi primeiro no peso de máis de 65 quilogramos, despois de gañar na final a Rubén Herrero (Taekwondo Alberic). Ademais, houbo catro pratas galegas masculinas para Iago Buján (Escola Lucense, -33), Alberto Bautista (Budo Vigo, -41), Unai Silva (Mace Sport, -57), Abel Seoane (Natural Sport Videlgi, -61).

Os bronces foron para: Roi Mosquera (Natural Sport Videlgi, -49), Abraham Ramírez (Mace Sport), Ismael Verde (Patiño Moaña, -53), Sergio Iglesias (Doyang, -57), Anxo Casal (Olimpic, -57) e Samuel Posada (Doyang, +65). Na categoría feminina, os clubs galegos tamén acadaron dous ouros. Foron para as deportistas do Mat´s Arlet Ortiz Benito (-51), tras gañar na final a Maider Villava (Mendialdea), e Lara Pazos (+59), que superou no último e definitivo combate a Lidia Bocanegra (Alcala Kim). En segunda posición acabaron o campionato Alma Pérez (Suh Sport, -41), Leticia Trigo (Patiño Moaña, -44) e Uxía Rodríguez (Moo Duk Kwan, -59), e os bronces foron para Sandra Rodríguez (Garrapucho, -51) e Zoraida Rey (Suh Sport, -33). Sénior. O domingo celebrarase o Campionato de España de Combate Sénior, con 240 deportistas, e ademais co aliciente de que esta competición da puntos de ránking para clasificarse para o Campionato do Mundo do 2015.

Así contaremos con deportistas medallistas europeos ou mundiais coma JesúsTortosa (campión do mundo júnior e bronce europeo sénior 2104), José Rosillo (bronce mundial sénior en 2013), Lúa Piñeiro (entre as mellores do ránking mundial), Xian Silva (subcampión Europa júnior 2013 e subcampión de Europa sub 21 2014), Daniel Quesada (campión do mundo júnior 2012 e campión Xogos Mediterráneos 2013).

6 de decembro de 2014 | 22:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.