Os clubs galegos brillan na xornada final do Campionato de España de Clubs de Taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

Galicia foi a gran protagonista da xornada final do Campionato de España de Clubs, que es estivo desenvolvendo ao longo de catro días na cidade de Pontevedra. Para hoxe estaban programados os campionatos de espàña de freestyle e exhibición, e en ambas modalidades Galicia manda con autoridade e iso quedou reflectido nos podios. Freestyle. Na clasificación xeral de clubs, proclamouse campión de España o Olimpic de Vilagarcía, mentres que o Mace Sport foi prata e o Hebe bronce. A nivel individual, houbo unha gran “colleita” galega: Oito medallas individuais e sete para parellas e quintetos.

Na categoría 12-17 anos feminina, o ouro foi para Bárbara Di-Martino (Hebe), mentres que a prata foi para Celia García (Tao) e María González (Couto) logrou un bronce. Na categoría masculina, o triunfo foi para Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan), mentres que os bronces foron galegos: Manuel Paz (Hebe) e Ángel López Ventín (Mace Sport).En máis de 18 anos masculino, Gabriel López Moral (Olimpic) logrou a medalla de prata, mentres que Óscar Penín (Kiap Vigo) foi bronce.

En parellas12-17 anos, ouro para o Mace Sport 1 (Nazaret Licer e Marcos Silva), prata para o Olimpic (Aroa Paulos e Juan Luis Millán) e os bronces recaíron no Mace Sport 2 (Ángel López Ventín e Sarai Pazos) e Hebe (Bárbara di-Martino e Manuel Paz). Na categoría de equipos (quintetos) o ouro foi para o Olimpic (Sandra Bouzas Paula Gómez, Cristian Gómez, Gabriel Moral e S. Mosquera), prata para Mace Sport (Ángel López, Sarai Pazos, María Peón, Yago Pita e Adrián Ventín) e bronce para Hebe (Manuel Paz, Álvaro Portela, Ana Núñez, Goreti Paz e Bárbara di-Martino). Exhibición. E tralo freestyle, chegou o momento da exhibición, cunha gran presenza de clubs galegos tanto na competición adulta coma na infantil. E un ano máis, Galicia foi a absoluta dominadora. Na categoría infantil, proclamouse campión de España o Yidam CEIP Balaídos 1 de Vigo, mentres que a prata foi para o Mace-Sport 1 e os bronces para o Tao 1 e o Yidam 2. O susto chegou coa caída do deportista do Hebe Jorge Aza ao facer unha acrobacia. Caeu sobre un brazo e ten unha fractura. Para el foi o aplauso máis sentido do día dos competidores e público.

Esperamos que teña unha rápida recuperación. E na categoría adulta continuou o dominio galego e ademais con protagonismo do club local, O Mace Sport, que cun exercizo moi correcto e case sen erros logrou o título de campión de España. Hai un mes xa lograra o título de campión galego por vez primeira. Así que tempada redonda para o Mace. Na segunda posición, o Tao de Vigo, cun gran traballo sobre o tapiz, aínda que decidiu algún erro nos rompementos. E o podio completouse con Olimpic de Vilagaría e Couto de Ourense. E así rematou o Campionato de España de Clubs de Taekwondo que reuniu a máis 1.500 deportistas, case 500 técnicos, máis de 100 xuíces e acompañantes durante catro días na cidade de Pontevedra.

8 de decembro de 2014 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.