Os cativos poderán gozar na praza da Igrexa da programación de Nadal en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O domingo 28 de decembro haberá unha Festa de Fin de Ano na Praza da Igrexa a partir das 18.00 horas, antes actuación de Mundo Mandarina dentro da programación do CCA, e ás 19.00 horas espectáculo musical a cargo de Rumbo Norte e talleres de maquillaxe, globoflexia, cotillón e chocolate para os participantes nos distintos talleres De 10.30 e ao longo de todo o día do domingo haberá no Lalín Arena unha “Recollida Solidaria de xoguetes” Ata o 2 de xaneiro 40 rapaces están a participar no Campamento de Nadal Máxico A ampla programación de actividades de Nadal para os máis cativos complétase con actividades de Nadal na Biblioteca Municipal e no Museo Galego de Marioneta

O Concello de Lalín ten programadas para divertimento dos máis pequenos nestes días de Nadal unha oferta de actividades moi ampla e diversa para que podan que todos podan participar e que estas festas sexan inesquecibles.

Así, a Concellería de Xuventude organiza para os días 26 de decembro (venres) e 30 de decembro (martes) un abano amplo de actividades de animación para todos os rapaces que se queiran divertir. A hora e o lugar serán de 11 a 14 horas na Praza da Igrexa, ambos os dous días.

Instalarase un inchable para que cativos de diversas idades podan gozar por libre, sempre vixiados por monitores e monitoras de actividades de tempo libre.

Tamén disporán dun taller de maquillaxe no que monitoras/es caracterizarán aos nenos e nenas asistentes, segundo o personaxes que eles escollan. Unha vez caracterizados poderán pasarse xunto cos seus familiares ou acompañantes polo “Fotocol Navideño”, onde se poderán fotografiar innumerables veces cos distintos departamentos, sombreiros, gafas, bigotes, etc., levando deste xeito un simpático recordo destas datas.

Ademais desenvolverase tamén un torneo de WII, onde pequenos e non tan pequenos poderán competir nun montón de xogos que esta marca ofrece, posibilitando así tamén a participación nas actividades das diversas franxas de idade.

OBRADOIROS

Tamén se contará con dous obradoiros de manualidades. O 26 de decembro realizarase un obradoiro de broches, cos que poderán agasallar aos seus amigos e o día 30 de decembro, ante a inminente chegada do novo ano, elaboraranse uns artesanais calendarios para o ano novo. Todas estas actividades estarán dispoñibles para os cativos o 26 de decembro e o martes 30 de decembro en horario de 11 a 14 horas.

O venres 2 de xaneiro contarase cun conto moi especial, ás 12.00 horas, coa axuda do equipo de Polocorreodovento e Álex e Alberto nos contarán “A volta ao mundo con Working Wheels”. Este mesmo día pola tarde poderase asistir ao espectáculo de maxia “Hocus Pocus”, ás 19.00 horas no mesmo lugar.

O luns 5 de xaneiro a partir das 12 horas reuniranse todos os rapaces e rapazas que, acompañados polos monitores/as, percorrerán as rúas principais lembrando Cantares de Reis.

FESTIVAL INFANTIL FIN DE ANO

Os nenos terán tamén a súa festa de fin de ano. Así a Concellería de Comercio e Festas organiza para o domingo 28 de decembro un Festival Infantil Fin de Ano co fin de que os nenos gocen dunha festa de fin de ano anticipada xunto coas súas familias a partir das seis da tarde. Ás cinco e media da tarde haberá unha actuación de Mundo Mandarina dentro da programación do CCA, unha das melloras magas cómicas do momento. Neste espectáculo de 50 minutos mestúrase a maxia, o clown e os monicreques.

A partir das sete da tarde na Praza da Igrexa haberá un espectáculo musical a cargo de Rumbo Norte con talleres de maquillaxe e globoflexia, cotillón e chocolate para os participantes nos distintos talleres.

RECOLLIDA SOLIDARIA NO LALÍN ARENA

As Concellerías de Deportes e de Benestar, en colaboración co Club Balonmán Lalín, Kunf Fu Zen, LFSL Futsal e a Escola de Fútbol Lalín, promoven unha “Recollida Solidaria de Xoguetes” que se desenvolverá ao longo do domingo 28 de decembro no Lalín Arena desde as 10.30 horas ata as 19.30 horas, de acordo co seguinte programa:

. 10. 30 horas. Benxamín mixto

. 11.30 horas. Alevín mixto

. 12.30 horas. Escola de Fútbol Lalín

. 17.00 horas. Escola de Ballet Concello de Lalín

. 17.30 horas. Exhibición de Kung Fu Zen

. 19.30 horas. Partido de fútbol sala

CAMPAMENTO DE NADAL

Tamén ata o 2 de xaneiro 40 cativos de entre 5 e 9 anos participan no Campamento de Nadal Máxico que participarán nunha morea de actividades ao longo do campamento: manualidades, xogos cooperativos, actividades de animación á lectura, predeporte, merendas saudables, decoración navideña, inocentadas, etc.

O 31 de decembro os nenos gozarán da súa propia Festa Fin de Ano e o fin de campamento e o 30 de decembro ás 19.00 horas os nenos terán unha actuación xunto coas súas monitoras que combinará música, maxia e xogos para todos.

BIBLIOTECA

O vindeiro luns dentro da programación de Nadal da Biblioteca terá lugar ás 11.30 horas un contacontos en familia con Giovanni “Lunatrix” e o martes 30 os nenos tomarán parte na actividade Bibliotecario por un día, ao igual que o venres 3 de xaneiro. O mércores 7 de xaneiro ás 13.00 horas entregaranse as cestas de libro do sorteo de Reis.

Tamén durante o Nadal haberá actividades do Museo Galego da Marioneta.

23 de decembro de 2014 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.