Os bombeiros celebran unha xornada de portas abertas para Redeaxuda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Parque de Bombeiros de Pontevedra organiza mañá, 27 de decembro, unha xornada de portas abertas, de 10 a 15 horas, en colaboración con Redeaxuda para a recollida de xoguetes e alimentos na campaña de Nadal.

Na campaña, os Bombeiros e Redeaxuda solicitan xoguetes, alimentos vinculados coa alimentación infantil ou cueiros tallas 3, 4 ou 5.

As persoas que queiran participar poderán acceder pola explanada do parque de Bombeiros.

26 de decembro de 2014 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.