Os afectados por preferentes esixen unha solución para os que non recuperaron o seu diñeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

Unha vintena de afectados pola comercialización de preferentes concentráronse ante a sede central de Abanca en A Coruña para esixir a devolución dos seus aforros.

A protesta, convocada por Adicae, celebrouse coincidindo coa xunta xeral extraordinaria de accionistas celebrada pola entidade para proceder ao cambio de denominación social de NCG por Abanca Corporación Bancaria.

Na xunta, procederon á lectura dun escrito co que reclaman á entidade, entre outras cuestións, que cuantifique “cántos accionistas forzosos tras o troco quedan sen anular o seu contrato de preferentes e subordinadas”. Así mesmo, tamén pediron que aclare “cántos xuízos están á espera de sentenza”.

En declaracións, a coordinadora de Adicae en Galicia, Iria Aguete, instou á entidade a “deixarse de contos” e puxo en dúbida as cifras achegadas polo banco, que cifrou nun 92% os casos de afectados resoltos.

Nos mesmos termos, reclamou unha solución para os afectados de ‘swaps’ da antiga Caixa Galicia e polas cláusulas chan do Banco Etcheverria. “Sempre se deriva aos xulgados”, engadiu antes de cuestionar, igualmente, o “carácter dialogante” da entidade.

1 de decembro de 2014 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.