Os 13 alumnos do curso de instalación de elementos de carpintería remataron as prácticas profesionais en 10 empresas da zona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

 A concelleira de Actividade Económica, Comercio e Emprego, María José Batán, anuncia que o vindeiro mércores, 10 de decembro, rematará este curso de Formación Profesional Ocupacional, cunha duración total de 578 horas O alumnado participante terá recibido formación teórico práctica que os capacita na realización das operacións de planificación, montaxe, axuste e acabado de instalacións de elementos de carpintería, como vía para conseguir un incremento das súas competencias profesionais, da súa empregabilidade e das súas posibilidades de inserción laboral

O curso de formación profesional ocupacional, na especialidade “Instalación de elementos de carpintería”, que o Concello de Lalín vén desenvolvendo desde o pasado 28 de agosto, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, no marco da aposta polas políticas activas de emprego e como vía fundamental para conseguir un incremento das competencias profesionais, da empregabilidade e das posibilidades de inserción laboral, vén de rematar o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas, no que o alumnado participante, 13 persoas en total, desenvolveu prácticas de carpintería en diversas firmas da zona.

María José Batán Mouriño, concelleira delegada de Emprego, anuncia que “os 13 alumnos do dito curso obtiveron a cualificación de aptos nos catro módulos formativos realizados que xunto ao módulo de prácticas, que están realizando, compoñen o certificado de profesionalidade”. A responsable municipal destaca así mesmo que “son 10 as empresas de carpinterías da zona que colaboraron co servizo municipal de emprego no desenvolvemento das prácticas profesionais que están se desenvolveron dun xeito moi positivo”.

As empresas que prestaron colaboración co Concello nesta fase de formación práctica son: Carpintería González Hnos S.C; Carpintería Ralsideza S.L; Carpintería Jar Novoa S.L.; Muebles Moure S.L.; Cialma Laro S.L; Regalade S.L.; Carpintería Josma Lalín S.L.U.; Luís González Carballude; Camilo Diéguez Fernández e Juan Carlos Fernández Blanco.

Batán Mouriño anuncia que “este curso de formación profesional ocupacional, cunha duración de 578 horas, finalizará o vindeiro mércores, 10 de decembro, unha vez acaben de impartirse os módulos transversais obrigatorios de formación para a igualdade e inserción laboral.

Os 13 alumnos participantes terán recibido a formación teórico práctica que os capacita na realización das operacións de planificación, montaxe, axuste e acabado das instalacións de elementos de carpintería (portas, fiestras, revestimentos, armarios e estruturas de madeira), precisa.

9 de decembro de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.