Orozco recibe a un grupo de 50 escolares de 2º de Primaria do colexio María Auxiliadora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita dos escolares

Visita dos escolares

O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá un grupo de escolares do colexio María Auxiliadora cos que falou sobre as necesidades que ten Lugo. O grupo, formado por 50 alumnos de segundo curso de primaria, mostrouse interesado na vida diaria de Lugo.

Os nenos e nenas preguntaron sobre as funcións do Alcalde e ademais, fixeron preguntas do tipo de “cal foi a decisión máis dificil de tomar” ou “cal foi a primeira decisión que tomou como Alcalde”. Ademais, tamén preguntaron por situacións diarias como obras nas súas rúas ou o remate das obras do Auditorio.

16 de decembro de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.