publicidade hoxe

Oleiros organiza un concerto didáctico para alumnos de secundaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Un ano máis por estas datas o Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros organiza o seu concerto didáctico destinado ao alumnado de secundaria de Oleiros.

Nesta ocasión o vindeiro 19 de decembro ás 11:00 hora o auditorio Gabriel García Márquez acollerá o concerto titulado “A Música e o Cine”, interpretado polo trío Rupert Twine ao teclado, Antonio Cienfuegos ao contrabaixo e Arantxa Vera á viola.

Este concerto, onde participarán un total de 300 rapaces e rapazas da ESO pretende amosar a evolución da música en relación co cine, desde os seus inicios nos que servía para múltiples propósitos, a revolución do cambio do cine mudo ao sonoro e o equilibrio permanente entre banda sonora e cancións populares durante a súa historia.

Con accións coma esta a Concellería de Ensino e Xuventude quere achegar ao alumnado participante os distintos estilos musicais, a súa evolución e a importancia que ten a música nas nosas vidas e nas distintas disciplinas artísticas.

16 de decembro de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.