Oleiros organiza a presentación da obra «Corazón de paloma»
O Concello de Oleiros organiza para o próximo mércores 10 a presentación da obra Corazón de paloma. O acto terá lugar na Biblioteca Central Rialeda a partir das 18:30 horas e contará coa presenza do autor, o escritor José Antonio Borrallo Arijón. Trátase dunha novela que amosa un cadro da sociedade galega no medio rural nos primeiros anos do franquismo. No relato o escritor denuncia a dureza e as precarias condicións da vida nesa época.











