publicidade hoxe

Oleiros incrementa a calidade e as horas do Servizo de Axuda no fogar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros adxudicou hoxe o contrato para a prestación do Servizo de Axuda no fogar e de comida sobre rodas a FEPAS, Fundación para el Estudio y la Promoción de la Acción Social, entidade que xa o estaba a prestar, o que supón unha continuidade aínda que con importantes melloras. Neste contrato de prestación de servizos, adxudicado por un período de 2 anos e renovable por outros dous mais, recóllese un incremento no número de horas de servizo anuais de mais dun 30%, pasando das 27.500 previstas no anterior contrato ás 39.500 horas actuais. Por outra banda a calidade do servizo incrementarse notablemente ao conseguir importantes melloras en diversos ámbitos.

Deste xeito confirmase a aposta do Concello de Oleiros por desenvolver políticas e servizos sociais de calidade, dirixidas ao maior benestar da súa poboación, en especial daquelas persoas mais vulnerables, como as persoas maiores e/ou con dependencia como é neste caso, seguen a converter a oleiros nunha referencia en Servizos Sociais, tanto pola cantidade como pola calidade dos seus recursos. O servizo se verá reforzado con 100 horas anuais, a maiores das contratadas, como apoio en actuacións puntuais recollidas dentro do plan individual de intervención dalgúns casos. Finalmente tamén conseguiuse unha mellora no prezo hora do servizo, pasando de 18,10 a 17,90 euros.

Maior calidade, mellor servizo

As melloras incluídas neste novo contrato están destinadas a incrementar a calidade do servizo así como proporcionar unha atención integral.A s maís destacadas son o plan de formación para o persoal, que incluirá dous cursos anuais dirixidos ás auxiliares do servizo sobre habilidades sociais, xestión de conflitos, atención a enfermos mentais, intervención en alteracións de conduta e manexo de axudas técnicas. O persoal técnico e de coordinación tamén recibirá formación sobre habilidades directivas e novas tecnoloxías aplicadas ao servizo.

Ademais da formación presencial, esta oferta se ampliará a través da teleformación, tanto para o persoal da entidade prestadora do servizo como para o persoal dos servizos sociais do Concello de Oleiros. Co fin de que exista a mellor coordinación posible e o acceso á información do servizo sexa en tempo real e inmediato se implantará un programa de xestión da axuda no fogar na nube, ao que poderán acceder os responsables do servizo, tanto na entidade como no concello.

As atencións prestadas aos usuarios dentro do programa poderán ser complementados con servizos de perruquería, podoloxía, manicura e fisioterapeuta, naqueles casos que se valore imprescindible dende os servizos sociais municipais.

O préstamo gratuíto de axudas técnicas como cadeiras de rodas, andadores, grúas, andadores… será outro dos servizos que se oferten, xunto co de electrodomésticos pequenos como microondas, calentaleites, secadores, calefactores de baño… Os coidadores das persoas que reciban o servizo tamén serán obxecto de especial atención dende o programa, xa que tamén poderán beneficiarse de sesións de spa, co fin de que teñan un tempo de descanso e desconexión das súas tarefas cotidianas.

Información sobre aforro enerxético no fogar, sesións de coaching coas auxiliares, colaboración na celebración de eventos informativos e xornadas, atencións persoais cos usuarios…, sumado a todo o recollido con anterioridade, fan do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Oleiros como un dos mais completos e integrais que poida haber en todo o territorio nacional.

30 de decembro de 2014 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.