Oitava edición do trofeo “Concello da Laracha” de tiro con arco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaDeportes
A-
A+

A 8º edición do Trofeo “Concello da Laracha” de tiro con arco disputarase mañá sábado no pavillón do IES Agra de Leborís coa presenza duns setenta e cinco tiradores que chegarán desde diferentes municipios da provincia da Coruña e mesmo de Lugo. O evento é organizado coa colaboración do Club Arco Laracha.

Ás 17:00 horas os arqueiros serán recibidos no lugar de celebración do torneo e terán un período de vinte minutos para realizar os exercicios de quecemento e adestramento. A competición principiará ás 17.30 horas.

Está prevista a asistencia de tiradores de todas as categorías, contándose con representantes dos seguintes clubs e escolas:

Club Arco Laracha.

Club 2×70 de Vimianzo.

Anpa Pedrouzos de Brión.

Club Arco Teo.

Club Adarve de Carral.

Colexio Vales Villamarín de Betanzos.

Escola municipal de tiro con arco de Ordes.

Escola municipal de tiro con arco de Boimorto.

Escola Lucense de Lugo.

O trofeo “Concello da Laracha” de tiro con arco será o primeiro dos eventos incluídos no programa municipal de actividades de Nadal. A entrada para asistir como público a este evento é libre e gratuíta.

12 de decembro de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.