O xuvenil Duclós é pre-convocado pola Selección de Perú de cara ao Campionato Suramericano Sub-20

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

Francisco Duclós (1996), defensa do Celta Xuvenil División de Honra, regresa á Selección de Perú. O futbolista do Celta foi pre-convocado de cara ao Campionato Suramericano Sub-20 que se celebra en Uruguai o próximo mes de Xaneiro.

O defensor debutou coa Sub-20 en setembro, cando foi chamado para participar nunha xira de amigables por Arxentina e Uruguai que serviron de preparación para a competición continental na que podería participar se o seleccionador o inclúe na lista definitiva. A convocatoria final anunciarase en torno ao 20 de decembro.

A presenza da canteira do RC Celta nas seleccións nacionais continúa reforzándose tempada tras tempada, un logro máis que referenda o intenso traballo que o club vigués e a Fundación Celta realizan para fortalecer e mellorar o proxecto de canteira céltico.

9 de decembro de 2014 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.