O xoves regresa o teatro ao Auditorio de Ourense coa divertida obra Las Rameras de Shakespeare

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

Comeza o mes de decembro cunha divertida e exitosa representación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal o xoves día 4 ás 20.30 h. Trátase de Las Rameras de Shakespeare, que nos levará a un momento que determinou a firme prohibición de actuar ás mulleres e que marcou a diferenza no teatro inglés co resto de Europa. Utilizando a comedia como vehículo condutor, asistimos a unha montaxe netamente barroca onde o propio teatro é o auténtico protagonista.

Por outra banda, a programación infantil trae o domingo ás 12 h ao Auditorio El guardián de los cuentos, dirixida a maiores de 4 anos. Unha vella biblioteca a piques de pechar, un bibliotecario perdido entre as historias que custodia e un rato que fixo, dos andeis cheos de libros, o seu fogar. Pero a calma reinante na biblioteca verase alterada por un desafortunado accidente. A partir deste momento, entrarán a formar parte dunha incrible aventura acompañados dunhas personaxes con moitas historias que contar.

As entradas para as actuacións pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.

2 de decembro de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.