O volume de actividade económica da Deputación de Pontevedra en 2014 foi de 194,5 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, informou hoxe que o volume de actividade económica da institución provincial no ano que remata foi de 194,5 millóns de euros e destacou que o período medio de pagamento a provedores en 2014 foi de 14 días, moi por riba das esixencias legais que teñen as administracións públicas.

Louzán deu conta, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, do informe-balance de Intervención relativo á actividade anual da Deputación a data de hoxe, en comparación co ano pasado.

O número de facturas pagadas pola institución provincial foi de 14.069 en 2014 e de 14.869 en 2013. As empresas adxudicatarias de obras foron 311 este ano e 277 o ano pasado.

O volume de negocio en investimentos (as obras adxudicadas e as facturas aprobadas) foi de 98,3 millóns en 2014 fronte ós 78,5 millóns do ano pasado. En canto ó volume de subministracións de provedores a suma acadou os 48,1 millóns en 2014 fronte ós 52,7 millóns de 2013.

O número de provedores da Deputación foi de 1745 en 2014 e de 1730 en 2013.

Finalmente, o período medio de pagamento a provedores (unha vez presentada a factura ou certificación) pasou dos 21 días de media en 2013 ós 14 días durante 2014.

30 de decembro de 2014 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.