O torneo “Cidade de Lugo” loita contra o cancro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Esta nova edición do Torneo de Futsal de Base Cidade de Lugo volverase máis solidario que nunca ao apoiar con diversas iniciativas a loita contra o cancro, colaborando mediante a captación de fondos durante ambas as dúas fases do torneo coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Xa o sabedes. Se vides a ver o torneo e gozar do deporte de base non dubidedes en poñer o voso granito de area en apoio a esta gran causa. A organización poñerá á disposición dos participantes e afeccionados mesas informativas e petos en todos os pavillóns de xogo para poder facer unha pequena achega que pode salvar vidas.

23 de decembro de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.