O Teatro Jofre acollerá a tradicional mostra de corais de persoas maiores de Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro, informou hoxe en comisión informativa da nova edición da tradicional Mostra de Corais de Persoas Maiores de Ferrolterra. Neste evento musical, que se celebrará o día 23 de decembro no Teatro Jofre, participarán as seguintes agrupacións: Coral Centro de Maiores a Fundación de Ferrol, Coral da Terceira Idade de Estrelas do Mar (Cedeira), Coral “Eterna Xuventude” do Centro Sociocomunitario de Fene e Coral Airiños de Caranza.

Tamén participarán o Conservatorio de Música Profesional Xan Viaño de Ferrol e o peche do acto correrá a cargo do Peque Coro. Segundo explicou a concelleira Rosa Martínez, o acto tamén contará con cinco voluntarios municipais para colaborar coas corais na súa recepción así como na preparación previa de saída ao escenario e no acompañamento aos camerinos.

4 de decembro de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.