O teatro e os contos de Nadal protagonizan a programación de decembro do Nuby Club
Os contos de Nadal e o teatro familiar serán os grandes protagonistas da programación infantil que o Centro Comercial Arousa levará a cabo todos os sábados deste mes, de 17:00 h. a 20:00h., na Sala de Xogos da 2ª planta. Enfocada especialmente ás festas do Nadal, os máis pequenos poderán gozar ademais de talleres temáticos onde aprenderán panxoliñas, decorarán galletas ou deseñarán os seus propios adornos.
O conto de Ernst Hoffman O Cascanueces e o rei dos ratos, ambientado en Nadal e adaptado por Alejandro Dumas, inaugurará o sábado 6 as actividades do Nuby Club. Os nenos penetraranse neste clásico da literatura infantil a través de divertidos xogos – conxelados, copos de neve, etc.-que recrearán pasaxes da obra ou introducirán a personaxes principais como a raíña das neves. Tamén crearán orixinais adornos para a árbore de Nadal.
O sábado día 13 e co relato do home de xenxibre de fondo, os máis pequenos aprenderán que na vida non sempre se gaña, tal e como lle sucede á galleta de xenxibre que protagoniza a historia e que cre que pode salvarse de ser devorada. Darán ademais renda solta á súa imaxinación e aos seus dotes culinarios decorando divertidos figuras de galleta con motivos do Nadal de fondat, e espertarán o seu sentido do gusto xogando con diferentes clases de turrón e outros doces típicos destas datas a adiviña que doce son. Tamén aprenderán panxoliñas para amenizar as festas.
O clásico de Dickens Conto de Nadal, que servirá de fío condutor do taller do sábado 20, ensinará aos nenos valores tan importantes como a amabilidade e a xenerosidade, dúas calidades que cobran máis forza en Nadal, e que aprenderán a través da experiencia que protagoniza o ancián avaro e huraño da historia. A actividade continuará con manualidades –fabricarán bonecos de neve e paisaxes invernais- e xogos como o amigo invisible, o agasallo musical ou probas para asimilar os distintos tempos verbais de forma entretida.
A tradicional visita de Papa Noel ao centro será unha das citas máis esperadas. Os nenos terán a oportunidade de entregarlle persoalmente a súa carta de desexos do 21 ao 24 en horario de mañá (de 11:30 h. a 13:30 h.) ou de tarde ( de 17:00 h. a 20:00h. coa excepción do día 24 que será de 16:30 h. a 19:30 h.).
Teatro para familias
O sábado 27, e despois de participar nun taller dedicado aos insectos que habitan os xardíns, os nenos poderán gozar coas súas familias da obra de teatro Pepiña Maruxiña quere voar. A función, recomendada para nenos de 2 a 8 anos de idade e de carácter gratuíto, terá lugar ás 19:00 h. tamén na 2º planta.
Baseada na tradición popular de cantar ás mariquitas para provocar que emprendan o voo e na crenza de que a súa presenza é presaxio de boa sorte (bo tempo, boas colleitas, etc.), conta a historia dunha mariquita que persegue o soño de poder voar e como, grazas á súa constancia e tenacidade, conségueo.











