O Teatro Colón dedica aos nenos o inicio do novo ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Teatro Colón inicia o novo ano cunha programación dedicada aos máis pequenos da casa. O venres 2 de xaneiro ás 18:00 horas con Mundokalabaza, a terceira entrega das aventuras de La Kalabaza de Pippa e o sábado 3 ás 18:00 horas Dreams, un mundo mágico, un musical de Disney para gozar en familia

A terceira entrega de La Kalabaza de Pippa é un musical infantil que trata de transmitir valores como a amizade, o respecto aos maiores e a importancia dunha boa alimentación. Nesta ocasión Pippa e os seus amigos terán que descubrir a resposta aos estraños sucesos que teñen lugar no Kalabazomundo.

O sábado 3 de xaneiro poderemos gozar da mellor música de Disney con Dreams, un mundo mágico. Unha oportunidade única para volver a vivir as películas de Disney cantadas en directo por dúas das voces máis prometedoras do noso panorama lírico: Cristian Martínez e Sarah Ramos.

As entradas pódense  adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.

30 de decembro de 2014 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.