O SUP pide que se aclare se hai chalecos antibalas para muller na Comisaría de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

O Sindicato Unificado de Policía pediu aos responsables da Comisaría de Vigo que aclaren se hai chalecos antibalas individualizados para muller nestas dependencias e, en caso de ser así, cando chegaron e por que non se repartiron.

Segundo informaron fontes deste sindicato policial, os responsables da Comisaría viguesa non responderon “nin si nin non” a estas preguntas formuladas polos representantes sindicais, ante a posible existencia de 8 chalecos destas características nas dependencias policiais da cidade olívica.

Así mesmo, fontes sindicais confirmaron que este martes estivo na Comisaría un técnico superior de prevención de riscos laborais, enviado pola Dirección Xeral da Policía, para comprobar a existencia deste tipo de material de protección.

Non obstante, criticaron os sindicatos, “non puido solicitar demasiada información porque os mandos da Comisaría insisten en que seguen elaborando un informe ao respecto”.

“Catro días despois do atraco (no que faleceu a axente Vanesa Lage) seguimos sen saber se o subinspector ferido levaba chaleco”, lamentou o SUP.

Os sindicatos policiais convocaron para este mércores ás 12,00 horas unha concentración fronte á Comisaría de Vigo para mostrar a súa solidariedade coa familia dos axentes tiroteados. Este acto celebrouse xa o luns na maior parte de comisarías de España.

2 de decembro de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.