O subdelegado do Goberno en Ourense asegura que nunca encargou nada para o PP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Europa Press

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, un dos 24 cargos do PP de Ourense investigados pola instrutora da Operación Pokémon, Pilar de Lara, ante suposto financiamento ilegal, desvinculouse desta cuestión e esgrimiu que “nunca” encargou “nada” para o partido e que o seu nome “non pode estar en ningunha factura”.

“Son o primeiro sorprendido por esta circunstancia”, sinalou Castro, en declaracións aos medios, tras ser preguntado polo novo auto de De Lara, no que pide a unha axencia de publicidade facturas ao seu nome.

Engadiu que leva 30 anos en política activa e que “nunca” foi xerente, nin tesoureiro nin secretario, polo que “nunca” encargou nada para o PP.

“O meu nome non pode figurar en nada relacionado con megafonía nin adhesivos” do PP, esgrimiu, para agregar que a única conta co seu partido é a que usa para pagar as cotas mensuais.

“A señora xuíza saberá o que fai pero eu non o sei e insisto en que non teño nada que ver e o meu nome non pode estar en ningunha factura nin recibo”, rematou.

16 de decembro de 2014 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.