O sorteo das hortas urbanas de Belvís celebrase o venres 12 de decembro no CIAC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Centro de Interpretación Ambiental do Concello de Santiago (CIAC), acollerá o venres 12 de decembro, ás 18:00 horas, o sorteo das hortas urbanas municipais de Belvís de Abaixo. Entre as solicitudes recibidas sortearanse as 26 parcelas coas que conta o Concello en Belvís de Abaixo. Cada unha delas ten uns 60 metros cadrados e está preparada para o seu aproveitamento mediante prácticas agrícolas ecolóxicas ou, cando menos, tradicionais.

O Concello cede o uso destas terras á veciñanza conforme a unha ordenanza municipal específica. Cada parcela está identificada cun número e co nome da persoa que a cultiva, podendo dispoñer dun espazo de usos comúns con aseos e vestiarios, ferramentas para os labores, regadeiras, auga, mesas, bancos e un taboleiro de anuncios.

2 de decembro de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.