O Servizo de Prevención das Drogodependencias de Tui celebra con distintas actividades o Día Mundial da Loita contra a SIDA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, co gallo do Día Mundial da loita contra a SIDA que se celebra hoxe luns,1 de decembro, colgará unha pancarta na fachada da Área Panorámica, ofrecendo a información a todos os cidadáns sobre a SIDA. Ademáis desenvolvéranse nos Institutos de Tui, talleres para promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información, permitirlle aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación acerca desta enfermidade.

O Servicio de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui, dentro desta campaña, esta pasada fin de semana, en colaboración cos pubs de Tui levouse a cabo o reparto de preservativos, carteis, dípticos, e folletos informativos sobre esta enfermidade.

1 de decembro de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.