O servizo de Medio Ambiente de Vilagarcía aumenta a dotación de papeleiras nas rúas e parques do casco urbano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O servizo de Medio Ambiente puxo en marcha esta semana outra fase da campaña de ampliación e renovación do mobiliario urbano. Neste caso, a actuación céntrase nas rúas, parques e espazos públicos do centro da cidade e consiste na reposición e instalación de máis papeleiras. Con isto preténdese contribuír a unha mellora da imaxe da cidade, poñendo máis medios para evitar que a xente tire lixo ao chan.

Entre a xornada de onte e a de hoxe, o servizo que dirixe Jesús Longa colocou novas papeleiras na Praza de Galicia, nos Xardíns de Ravella e na súa contorna, na Rúa Arapiles e na beirarrúa da Avenida da mariña comprendida entre o remate da Alameda e o cruce do Ramal.

As papeleiras son todas novas. Adquiríronse hai uns meses a través dunha partida de Medio Ambiente a efectos de ir repoñendo elementos rotos ou aumentar os puntos de depósito de lixo. Antes desta actuación, durante o verán, xa se levaran a cabo traballos similares para repoñer dotar de papeleiras outros espazos da cidade, como por exemplo as praias.

As papeleiras que se están a instalar son de dous modelos diferentes, unhas altas de plástico e outras de ferro, e o seu emprazamento decídese en función da estética da contorna e do resto do mobiliario da rúa.

Nas vindeiras emanas continuarase con esta campaña por outras zonas do municipio.

3 de decembro de 2014 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.