O servizo de hostalería do Hospital do Salnés servirá menús especiais para os pacientes no Nadal
O Servizo de Hostalería do Hospital do Salnés ofrecerá durante o Nadal menús especiais para que as persoas que teñan que pasar estas datas ingresadas, así coma os profesionáis que presten asistencia no centro sanitario arousán, poidan gozar tamén destas vindeiras festas.
Deste xeito, nas ceas de Noiteboa e Noitevella, tanto os profesionais coma aqueles pacientes que non tiñan restricións alimentarias poderán elixir entre pratos coma o pastel de marisco, o salpicón de marisco e a sopa de galiña de primeiro, e o bacallau á galega con patacas e coliflor, polo á laranxa con guarnición ou os escalopíns ao Oporto con arroz branco e champiñóns.
De sobremesa haberá delicias de Nadal tanto para os pacientes como para os acompañantes, con uvas da sorte en Noitevella. Así mesmo, o día de Nadal poderánse almorzar pastel de atún ou bisquet de marisco de primeiro, e de segundo elexir entre lomo ao forno con guarnición e merluza á mariñeira, con tarta de queixo de postre.
En Aninovo, o menú do xantar a elixir ofrecerá arroz frito con gambas ou crema Vichyssoise de primeiro, mentres que de segundo prato optaráse por codillo ao forno con guarnición ou merluza á mariñeira, con tarta caseira de postre.
E, finalmente, o día de Reis, o menú do xantar a elixir propón de primeiro salpicón de marisco ou pastel de atún, e de segundo pavo en crema de champiñóns ou bacalao á vasca, con roscón de Reis de postre.
Certificación ISO 9001 do servizo de Hostalería
O Servizo de Hostalería do Hospital do Salnés conta coa certificación ISO 9001 que garante a aplicación dos máximos estándares de calidade non só na elaboración destes menús, senón tamén, no aprovisionamento da materia prima, a súa conservación e distribución.
Un total de 16 profesionais conforman o cadro de persoal do Servizo de Hostalería do Hospital do Salnés. Dividido en dúas quendas, este persoal encárgase de subministrar todos os alimentos que se precisan ao longo do día no centro sanitario, almorzo, xantar, cea e outros víveres que quedan en stock as 24 horas do día para aqueles pacientes que precisan inxerir algún tipo de refrixerio fóra do horario de reparto de menús.
As esixencias de hixiene sanitaria das diferentes administracións son cada vez maiores para garantir a seguridade alimentaria nunha cociña que traballa ao cen por cento ao longo de todo o ano.
En cada quenda, sérvense no Hospital arredor de 70 menús adaptados á situación de cada paciente. Destes, 25 corresponden á dieta base, 20 son específicos para dixestión branda e 12 para diabéticos.
En Urxencias sérvense unha media de 10 dietas en cada inxesta, e tamén se ofrece un menú para o persoal médico de garda.
Grazas a un programa específico, o persoal de planta ou de Urxencias envía cada xornada ao servizo de Cociña as necesidades dos usuarios para, en función desta demanda, elaborar os menús, que constan de tres primeiros pratos, tres segundos e tres sobremesas caseiras.
Aínda así, é posible modificar os pratos establecidos en caso de pacientes inapetentes ou que, por calquera circunstancia, requiran unha alimentación específica.
Menús supervisados por un dietista
Tanto estes menús individualizados como o resto, elaboranse na cociña do Hospital do Salnés baixo a supervisión dun dietista e cun estricto programa de trazabilidade, que permite controlar todos os produtos dende que chegan ao centro sanitario arousán ata que son servidos aos pacientes. Deste xeito, garántese a máxima frescura e calidade dos alimentos.
A gobernanta encárgase da compra. Os produtos menos perecedeiros mércanse dúas veces por semana, pero os frescos entran diariamente. Así, cada mes se subministran ao Hospital do Salnés máis de 4.000 bolos de pan.
Aínda que non todos os pacientes están conformes coa dieta hospitalaria, en xeral entenden que non poden comer o que lles apetece e que deben adaptarse ás esixencias do centro e ás propias recomendacións médicas.
Tamén hai que ter en conta que unha media de 15 usuarios que están no Hospital non poden tomar ningún tipo de alimentación ao serlles prescrito xaxún absoluto.











