O servicio de prevención de drogodependencias de Monforte edita un novo número do boletín familiar
O Boletín Familiar é unha iniciativa do equipo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias adscrita á concellería de Sanidade que dirixe Antonino Luaces. Nesta ocasión leva por título: “PROGRAMA PARA ADOLESCENTES E MOZOS CON PROBLEMAS”
O obxectivo deste boletín é que os pais, nais e titores teñades presente que na UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS, podedes vir a solicitar información e asistencia cando voso fillo/a ou alumno/a teña o sospeitedes que ten algún problema relacionado co consumo de sustancias.
Se tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado folletos informativos) ou solicitalo na UAD, persoalmente ou a través do Telf. 982 400 495. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención











