O Sergas asina o contrato para a construción dun centro de saúde en Santa María de Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+

A directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Lourdes Vilachán Angueira, e o representante da empresa Obras e Servizos Gómez Crespo, SL, asinaron hoxe no Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade, o contrato para a construción dun centro de saúde en Santa María de Oia (Pontevedra), cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, por un importe de 1.002.207 euros, e un prazo de execución das obras de 9 meses.

O centro de saúde de Oia, que poderá atender a unha poboación de ao redor de 2.200 persoas e terá unha superficie construída de máis de 600 metros cadrados, contará cun área médica con dúas consultas de medicina xeral, dúas consultas de enfermería e unha sala da muller. Ademais, terá unha consulta polivalente, unha de pediatría e área de administración con arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

16 de decembro de 2014 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.