O Santiago Futsal reincorpórase ao traballo pensando no encontro co Burela Pescados Rubén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O persoal do Santiago Futsal regresou esta mañá ao traballo tras a disputa da 12ª xornada de Liga, na que visitou a pista do FC Barcelona, na que caeu ante un forte rival por 8-2.

Os de Santi Valladares sitúanse agora na duodécima posición da táboa con dez puntos, empatado a puntos con Montesinos Jumilla e DLink Zaragoza, undécimo e decimotercer clasificado, respectivamente, só un punto por encima dos postos de perigo.

Esta semana o persoal de Santiago medirase, no segundo derbi ‘galego’ da tempada ao Burela Pescados Rubén. O encontro, que se celebrará o sábado ás 13h no PM de Santa Isabel, será emitido en directo por Teledeporte de TVE.

Debido á gran afluencia de público que se espera para o partido do sábado, todos os abonados deberán retirar a súa entrada nas oficinas do club ao longo da semana, en horario de 10 a 14h e de 17h a 20h. Para calquera dúbida, poderán porse en contacto co club no teléfono 981 11 50 38.

As tarifas de prezo de entradas para abonados serán de 5€ entrada de adulto, 2€ entrada xuvenil (13 a 17 anos) e 1€ menores de 13 anos.

Por outra banda, a tarifa de prezo de entradas para non abonados será de 10€ entrada adulto, 5€ entrada xuvenil (13 a 17 anos) e 2€ menores de 13 anos.

Coa entrada o club regala unha rifa para o sorteo dunha cesta de Nadal valorado en case 200€. Igualmente, a toda persoa que compre a súa entrada, entregaráselle, de maneira gratuíta, un ticket de parking valorado en 6€ para o Parking A Catedral (situado a 50 metros do Pavillón de Santa Isabel) desde as 12h até as 17h.

1 de decembro de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.