O Santiago Futsal reacciona tarde ante o Inter Movistar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Saíu o Santiago Futsal á pista de Sar coa intención de superar a Inter Movistar e conseguir o pase á semifinal da Copa do Rei por terceira vez na súa historia. Pero os primeiros minutos, de descoido nas filas dos de Santiago, foron decisivos para os visitantes, que lograron porse con 3 goles de vantaxe nos primeiros 9 minutos con senllas accións a balón parado.

Sería Rivillos o que marcaría os dous primeiros dos seus en apenas un minuto, en dúas accións de saque de banda; o primeiro nun tiro desde fóra da área, e o segundo nun remate ao primeiro pau no que supera á defensa e á meta local.

No minuto nove, David Pazos aumentaría a vantaxe para os visitantes facendo o 0-3 e deixando moi costa arriba o encontro para os de Santiago. Cardinal sería o autor do cuarto gol dos madrileños nunha contra dos visitantes a pase de Rivillos no minuto 13.

Tras o paso por vestiarios, o Santiago Futsal sairía a por todas coa presenza en pista de porteiro xogador. A pesar do gol de Luís Amado aos 3 minutos da continuación, o Santiago Futsal plantouse na pista con maior actitude e demostrando que a final non estaba pechada. Iván Rumbo faría o 1-5 nun tiro raso axustado ao pau nun saque de esquina dos locais.

Co gol de Iván Rumbo, o Santiago Futsal mellorou o seu xogo e definiu as súas accións en ataque para xerando os mellores minutos de xogo. A meta madrileño Luís Amadro empregaríase baixo paus para evitar o segundo gol dos locais, que chegaban con perigo á área contraria. Sería Marci quen faría o 2-5 nunha gran asistencia de Iván Rumbo desde media pista, que o de Boiro cravaría na escuadra da portaría desde a banda esquerda.

Aínda quedaría tempo para que Inter Movistar cometese a sexta falta, pero Dani ‘Chinés’ erraría no disparo que se marchou fose rozando o pau.

Sen tempo para máis, chegouse ao final en Sar co resultado de 2-5 favorable aos madrileños, que conseguen o pase ás semifinais da Copa do Rei.

Sala de prensa

Santi Valladares compareceu en rolda de prensa tras a finalización do partido para analizar o mesmo “Os partidos teñen dúas partes. Hoxe eles na primeira foron un vendaval, e nós non soubemos paralos. Na segunda saímos doutra forma, aí demostramos o noso xogo.”

Engadiu tamén “A concentración da primeira parte foi nefasta, pero na segunda fomos capaces de esquecernos do resultado e facer un xogo atractivo, mesmo xeramos dous contras dun para un que detivo o seu porteiro e lanzamos desde os 10 metros, aínda que o fallásemos. Xogamos unha moi boa segunda parte”.

O adestrador do Santiago Futsal concluíu “Nós xogamos para a nosa afección e o xogo da segunda parte é o que queremos darlle”.

9 de decembro de 2014 | 22:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.