O Santiago Futsal cede o diñeiro das súas multas á Asociación Sentinelas
O Santiago Futsal, con Lucho como representante do persoal, acudiu onte pola tarde á Asociación Sentinelas, unha asociación de apoio ás mulleres que se atopan nunha situación de risco de exclusión social ou en situacións sociais difíciles en Santiago de Compostela e comarca, para facer entrega da recadación das multas internas do equipo como donativo á Asociación.
Persoal e corpo técnico, decidiron ceder o diñeiro recadado nas multas internas do equipo, aquelas que tanto xogadores como adestradores teñen que pagar por incumprir normas de réxime interno, como chegar tarde ou esquecerse algún obxecto de adestramento, e cedelo así a esta Asociación, demostrando o espírito solidario do Santiago Futsal, sempre comprometido coas causas sociais.











