O Rio Natura Monbus Obradoiro despide o ano enchendo Sar fronte ao actual campión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O club pon á venda as entradas do encontro contra o campión F.C. Barcelona e lanza prezos especiais até Noiteboa para que todos os afeccionados poidan regalar baloncesto aos seus seres queridos neste Nadal.

O Rio Natura Monbus Obradoiro afronta as súas últimas citas do ano sen descanso do Nadal, polo que todos os seguidores do baloncesto galego terán a oportunidade perfecta para regalar a amigos e familiares a experiencia única de vivir a “Caldeira de Sar” desde dentro. Ademais, o último partido deste 2014  xogarase no Fontes do Sar o próximo 30 de decembro ás 20.30 horas fronte ao F.C. Barcelona, actual campión da liga Endesa.

É por iso que até o día 24 de decembro ás 00.00 horas aplicarase a promoción Prezos Noiteboa, tanto a abonados como a non abonados.

No caso dos abonados, estes poderán comprar entradas a 29 euros en Fondos, 35 euros en Tribunas 2, 45 euros en Tribunas 1 e 59 euros en Tribunas Retráctiles. O non abonados poderán facelo tamén ao Prezo Especial de 35 euros en Fondos, 39 euros en Tribunas 2, 49 euros en Tribunas 1 e 65 euros en Tribunas Retráctiles.

A partir do día de Noiteboa, a tarifa será a mesma para todos os afeccionados: 39 euros en Fondos, 45 euros en Tribunas 2, 59 euros en Tribunas 1 e 75 euros en Tribunas Retráctiles.

As entradas pódense comprar xa a través da páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou nas oficinas do mesmo (Multiusos Fontes do Sar), con horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

3 de decembro de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.