O recinto feiral estradense incrementa nun 10% as firmas expositoras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

Este fin de semana, o recinto feiral estradense, abrirá as súas portas ao público cos certames : 2º Salón Motor Classic e 45ª Feira de Antigüidades e Artesanía. A entrada ao recinto feiral é gratuíta e o horario é de 10:00 – 20:00 h.

O Salón motor Classic, engloba un mercadillo de pezas, recambios e complementos do motor. A exposición de vehículos clásicos, conta con máis de cen vehículos entre automoviles , motos e bicicletas. Para todos os visitantes que se acheguen ao recinto,habilitarase un parking para vehículos clásicos.

As antigüidades e artesanía, complementan o total do espazo expositivo da mostra, catro pavillóns que albergarán en total a un centenar de expositores.

As provincias de Pontevedra e A Coruña, son as que maior número de expositores achegan á mostra, cun 64% e 20% respectivamente. Do total de vehículos expostos, o 57% son automóbiles e o restante 43% motocicletas e bicicletas. Haberá unha mostra de tractores clásicos e autobuses clásicos da Asociación A.G.A.M.A.C., Empresa Freire e Autocares Cuiña. As escuadras maiormente representadas no que concierne aos automóbiles será, Seat, Mercedes, Ford, Renault, Porsche e outros. Pola súa banda, Puch, Vespa e Fonda, serán as marcas de motocicletas mais salientables.

A mostra expositiva, contará con vehículos que teñen un importante valor económico ,e numerosas curiosidades que captasen a atención do público. As asociacións que participan co salón son: Asociación Clásicos da Estrada, Club Clásicos Comarca do Sar, Club Clásicos de Valla, Clásicos de Teo, Escuadra Clásicos O Toxo, Club A.V.A., Automóbil Club de Galicia, Asociación Amigos de Puch Talleres Japauto, Autocares Lázara, Despezamentos Meilán, Talleres Fariña, Talleres o Barco, Despezamentos Golpecar, Veacar, etc…,asi como numerosos particulares que participan na mostra igualmente no soportal de acceso ao pavillón tres, situaranse dous Ford T, cos que Celestino Iglesias proclamouse campión galego de Autocrós, subcampión Galego de Rallys e campión da Copa Top Ten Driver Pirelli. Minicines Central en colaboración co recinto feiral, teñen programada unha función na que proxectarán a película “BURT MUNRO un soño, unha lenda”.

A proxección terá lugar nos cines da localidade, os días Venres 12 (21.00 horas),Sábado 13 (20.00 horas e 22.30) e Domingo 14 (19.30 horas) de decembro. O prezo da entrada será de cinco euros, cun desconto do 20%, para o público que visite a exposición xa que, entregarase un vale no recinto feiral estradense para trocar no despacho de billetes de Minicines Central, reducíndose así o prezo da entrada a catro euros.

12 de decembro de 2014 | 10:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.