O Queen Elisabeth visita o Porto de Vigo con 3.000 persoas a bordo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O Porto de Vigo recibiu hoxe sábado a escala imprevista do buque de cruceiro Queen Elisabeth, que recalou na dársena viguesa sobre as 09.00 horas procedente de Lisboa (Portugal)

Con preto de 3.000 persoas a bordo, entre pasaxeiros e tripulantes, está previsto que o buque, pertencente á naviera Cunard Line, poña rumbo a Southampton (Gran Bretaña) ao redor das 16.30 horas de hoxe.

Ao longo dos seus 294 metros de eslora por 32 de manga, o Queen Elisabeth trae a bordo un total de 1.925 pasaxeiros de 35 nacionalidades distintas, na súa maioría británicos (1.197 pax.), ademais de 974 tripulantes.

O Queen Elizabeth é un barco clase Vista, propiedade de Cunard Line. Foi construído por Fincantieri no seu estaleiro de Monfalcone. A entrega oficial a esta naviera realizouse o 4 de outubro de 2010. O Queen Elizabeth opera como buque xemelgo do Queen Vitoria, e tamén se uniu ao Queen Mary 2 na flota de Cunard Line. É o segundo barco máis grande construído por Cunard, despois do Queen Mary 2. Lixeiramente maior que o Queen Vitoria, pode transportar até 2.092 pasaxeiros.

O Queen Elizabeth conta cun deseño case idéntico ao seu xemelgo, o Queen Vitoria, aínda que a súa capacidade de pasaxeiros é lixeiramente superior. Tamén debido ao maior tamaño das suites na popa, ofrece balcóns máis pequenos. Destaca especialmente o seu teito de cristal situado no extremo dianteiro da cuberta 11, que cobre a cuberta de deportes, co que tamén conta no Garden Lounge, un xardín interior.

O Porto olívico espera a visita de máis de 8.200 pasaxeiros a bordo dos tres buques da Cunard Line que escalarán o próximo ano na dársena viguesa, como son o Queen Elisabeth, o habitual e emblemático Queen Mary II e o Queen Vitoria.

13 de decembro de 2014 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.