O Punto de Atención da Oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade atenderá ao público en Fene os luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Punto de Atención da Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade inicia a súa andadura en Fene. Dende este mes, prestará atención ao público os luns, entre as 8 e a 14,30 horas, na Avenida Naturais, 44, entrechán.

A través da mesma, levaránse a cabo actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, mediante o estímulo do autoemprego e emprendemento cooperativo e o apoio á xeración de novos proxectos. Ademáis da atención presencial, habilitáronse os seguintes teléfonos: 698 107 176 e 981 944 000 ext 692, e a páxina web www.comarcaferrolterra.es.

A Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade é entidade colaboradora da Rede Eusumo. Unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social.

2 de decembro de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.