O PSOE esixe ao alcalde da Coruña que impida a Aena recortar a pista de Alvedro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello da Coruña, Mar Barcón, esixiu ao rexedor coruñés, o popular Carlos Negreira, que “impida” a Aena “recortar” a pista do Aeroporto de Alvedro en 150 metros “co fin de axustarse á normativa de seguridade vixente”.

En rolda de prensa, Barcón rexeitou “a decisión do PP de recortar a pista que tanto logrou conseguir” e apoiou a proposta de Amigos do Aeroporto, “que defende aplicar a solución técnica, xa recollida no Plan Director, e que consiste en actuar sobre as marxes laterais da cabeceira norte para adaptalos á normativa”.

Así, cualificou de “despropósito” que se ampliase a pista en 400 metros pola cabeceira sur “despois de moitos anos de reclamación e demanda cidadá” e que agora “que se está a chegar á recta final da obra se decida recortar a pista en 150 metros pola cabeceira norte para adaptarse á nova normativa”, argumentou.

LIMITACIÓNS AO TRÁFICO

Ao respecto, asegurou que, desta forma, “a ampliación non sería tal e as limitacións de tráfico volverían ser un inconveniente para o crecemento de Alvedro”.

“O aeroporto coruñés estaría limitado e non podería operar con avións de gran capacidade nin con destinos de longa distancia”, recalcou. Por outra parte, a voceira municipal socialista denunciou “o silencio cómplice” do alcalde da Coruña e esixiulle “unha resposta contundente e a defensa firme de Alvedro e das súas infraestruturas”, sentenciou.

29 de decembro de 2014 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.