O Prone Lugo F.S. tentará sumar puntos ante o Magna Navarra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

A antepenúltima ocasión de puntuar na primeira volta para o equipo de Javier Albes será mañá sábado (18:00 horas- Pavillón Municipal de Lugo), ante un Magna Navarra que quere seguir loitando pola Copa, mentres que os lucenses tratarán de dar unha alegría aos seus afeccionados e sumar os seus primeiros puntos da tempada. O partido non se presenta doado para o Prone, pero como ben recoñecían o seu adestrador e o seu capitán na rolda de prensa previa ao partido na situación actual dá igual quen sexa o rival.

O cadro lucense chega á cita coa baixa de longa duración de Cospe, ademais das de Jose López e Óscar Iglesias, entrando na convocatoria por primeira vez na tempada o porteiro Nacho e o xogador do filial Diego. Así pois a convocatoria de Javier Albes é a composta por: Illi, Mimi, Diego Núñez, Iago Rodríguez, Nacho Pedraza, Antonio Diz, Alex Diz, Javi Río, Manuel María, Rubén Mouriz, Diego e Nacho.

5 de decembro de 2014 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.