O Prone Lugo F.S. cae en Zaragoza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Encontro do Prone Lugo en Zaragoza

Encontro do Prone Lugo en Zaragoza

Chegaba o Prone a Zaragoza coa idea de gastar a última bala para engancharse á clasificación e tratar de empezar a escalar na clasificación; os de Javier Albes foron capaces de aguantar ben as acometidas dos locais nos minutos iniciais e chegaron a dispoñer de opcións para abrir o marcador. No minuto 8 Retamar sería o encargado de abrir o marcador na cancha zaragozana. Seguírono intentado os lucenses que tiveron as máis claras nos pés de Alex Diz e Mimi, pero non lograron bater ao porteiro local. O marcador non se movería máis nos primeiros 20 minutos.

Na reanudación os dous equipos seguían intentándoo pero a igualdade seguía sendo a nota dominante, ata que Illi viu a segunda amarela e deixo aos seus en inferioridade, feito que os locais non desaproveitaron e Nano Modrego anotaba o seu primeiro gol da noite. Non se veu abaixo o Prone e dous minutos máis tarde Javi Río lograba bater a Iván, pero pouco lle duraría a alegría aos lucenses, pois un minuto máis tarde Javi Río volvería introducir o balón na portería, pero esta vez na de Óscar Iglesias, poñendo o 3-1 no marcador. A falta de pouco máis de 5 minutos Javier Albes intentouno poñendo a Alex Diz como porteiro xogador, pero outra vez a decisión non deu os froitos desexados e Nano Modrego aproveitaba un roubo de balón para poñer o 4-1 a falta de cinco minutos e sentenciar o partido. No minuto 38 Nano Modrego converteríase no protagonista do partido ao marcar o seu terceiro gol da noite e deixar o 5-1 definitivo no marcador. Resultado que deixa ao Prone Lugo F.S. nunha situación complicada cando resta unha xornada para finalizar a primeira volta da Liga, será coa visita de ElPozo Murcia a Lugo o vindeiro venres 19.

13 de decembro de 2014 | 23:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.